33,2 KM / 2220 desnivel positivo Coeficiente: 74, CAMPIONATO DE ESPAÑA INDIVIDUAL E SELECCIONS AUTONOMICAS (Proba so federados FEDME), CAMPIONATO GALEGO,III MEDIA CARREIRA CANON DO SIL (Proba aberta) 17 KM / 950 desnivel positivo.
VI CARREIRA CANON DO SIL
(Proba so federados FEDME)
CAMPIONATO DE ESPAÑA INDIVIDUAL
E SELECCIONS AUTONOMICAS
CAMPIONATO GALEGO
33,2 KM / 2220 desnivel positivo
Coeficiente: 74
III MEDIA CARREIRA CANON DO SIL
(Proba aberta)
17 KM / 950 desnivel positivo
Nota: Na aplicación do Artigo 8.2.4 O Campionato Nacional de Cadete e Xunior: A saída será controlada no Km 6,7 para facer 10,3Km e 600 m+, nesta proba.
Parada de Sil – Ourense
6 de MAIO
Organiza:
Colaboradores
Aloxamentos:
Precios especiales para os participantes
988 208 013 |
Parada de Sil 988 208 016 |
607 923 870 |
Máis información de aloxamentos en 988 204 630 e en www.turisacra.org e hospedaxe na zona.
Restaurantes
988 208 237 |
626 939 801 |
Como chegar
Desde a A-52
Saida 193 en XINZO de LIMIA a Dereita OU-1102 a VILAR DE BARRIO a Dereita OU-1103 a MACEDA sair no centro pola Dereita e na primeira saida a Dereita OU-0106 dirección XUNQUEIRA no cruce da OU-536 a Dereita ( indica Ponferrada) ata VILLARIÑO FRIO aquí a Esquerda PARADA de SIL
Desde a N-120
Sair en MONFORTE de LEMOS dirección CASTRO CALDELAS LU-903 despois de cruzar o río e pasar «ABELEDA» e «O IVEDO» no cruce hai dúas opcións 1.- a Dereita A TEIXEIRA OU-0607 e seguir os indicadores. Esta é unha estrada con moitas curvas pero cunhas vista espectaculares ( merece a pena si hai tempo ). 2.- seguir e no CASTRO CALDELAS a Dereita dirección Ourense i en VILARIÑO FRIO a Dereita a PARADA de SIL
Desde OURENSE
a estrada OU-536 dirección TRIVES i en VILARIÑO FRIO a Esquerda a PARADA de SIL
Premios da VI Carreira:
Categoria |
|
SENIOR MASCULINA | SENIOR FEMININA |
|
|
Subcategorias |
|
VETERANOS MASCULINOS | VETERANAS FEMININAS |
|
|
PROMESA MASCULINA | PROMESA FEMININA |
|
|
Bater o record da Proba |
|
MASCULINO (03:00:05) | FEMININA (03:38:38) |
|
|
Premio especial :
Para o primeir@ home e muller en cruzar a meta volante de Cabeza da Meda e que acabe a proba.
Premios da III MEDIA CARREIRA:
Trofeos para as categorías Masculino e Feminina: cadete, júnior e sénior. Sub categorías Masculino e Feminina: Veterana.
Horarios:
- Sábado 5 de Maio
- 18.30 h. Entrega de dorsais na casa do concello
- 19.30 h. Reunión informativa (recomendada a corredores) na casa do Concello
- Domingo 6 de Maio
- 08.00 – 08.45 h. Entrega de Dorsais na Praza do Curtiñeiro.
- 09.00 h. Saída da Carreira e da Media Carreira dende a Praza do Curtiñeiro.
- 14.00 h. Entrega de premios no Concello.
- 14.30 h. Peche do control de Meta (hora límite para a finalización da proba).
- 14.30 h. Xantar-picoteo.
Regulamento:
Categorías Masculino e Feminina: Cadete, Júnior e Sénior.
Sub categorías Masculino e Feminina: Promesa e Veterana.
- Categoría cadete: 15, 16 e 17 anos, é dicir que non cumpran os 18 anos o ano de referencia.
- Categoría júnior: 18, 19 e 20 anos, é dicir que non cumpran os 21 anos o ano de referencia.
- Categoría sénior: a partir de 21 anos cumpridos o ano de referencia.
- Sub categoría promesa: 21, 22 e 23 anos, é dicir que non cumpran os 24 anos o ano de referencia.
- Sub categoría veterana: a partir dos 40 anos na feminina e 45 anos na masculina cumpridos o ano de referencia.
Nota: Para participantes das categorías cadete e junior: a distancia será de 9 a 12 km e 600m de desnivel positivo acumulado (+/- 10%)
A idade a ter en consideración para toda a tempada sera a que o participante teña o día 31 de decembro do ano da competición
Nas categorías cadete, júnior e tamén na sub categoría promesa sera necesario, para validar a clasificación, unha participación mínima de 4 competicións. Polo que por debaixo do devandito número non haberá protocolo de entrega de premios nas devanditas categorías e sub categorías.
A Carreira rexerase polo regulamento de Carreiras por Montaña da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada ( Consultar en WWW.fedme.es ) E AS SEGUINTES NORMAS:
- O Corredor indentificarase na recollida do dorsal
- Na VI Carreira non poden participar menores de 21 anos
- Na III Media Carreira non poden participar menores de 15 anos
- Será motivo de descalificación:
- Non pasar por tódolos controles.
- Recibir axuda externa foras dos lugares autorizados( ata uns 100m nos avituallamentos )
- Ensuciar e degradar o itinerario ( é obrigación de cada corredor levar os seus desperdicios e deixalos nos lugares sinalizados pola organización).
- O dorsal levarase visible durante toda proba, no peito.
- Non prestar auxilio a calquera participante que sufra algún accidente e informar o control máis preto.
- Non se pode obstacularizar voluntariamente a outro corredor.
- Os participantes obedecerán as instruccións dos membros dos controis.
- É obrigatorio avisar o control ou a un membro da organización do abandono e entregar o dorsal.
- O mal tempo non é obstáculo para a celebración da proba . A organización reservase o dereito de presentar un recorrido alternativo.
- A organización prevé uns tempos de paso e corte en determinados controis e un tempo máximo da proba de 5,30 horas. O corredor que non chegue antes das 13.00 h a Meta Volante seralle retirado o dorsal e quedará descalificado.
- O final da proba pode haber control antidoping.
- Os participantes eximen a organización de calquera responsabilidade no caso de accidente ou lesión.
- Todo corredor debe coñecer e respectar o regulamento da proba. A inscrición implica o cumprimento deste Regulamento.
- Os corredores deberán ter as condicións físicas requeridas para a distancia e a dureza do itinerario.Levará a indumentaria e calzado para a proba.
* A proba será controlada por árbitros de F.E.D.M.E.
Prazo e prezo das inscricións:
Dende o 15 Marzo ata o 1 de Maio: 22 € para federados FEDME (con cobertura para carreiras por montaña) e 26 € para os non federados. O prezo inclúe: camiseta conmemorativa, avituallamentos e xantar-picoteo ao finalizar a proba.
Telefono de información: 616 516 238
Os supermercados AQUI como colaboradores da Carreira, os seus clientes con tarxeta AQUI terán un desconto de 2€ na inscrición. Este desconto será reembolsable ca recollida do dorsal e presentar o cupón.